CAST / GAL

“COIDÁNDOME”
SERGIO PIRATA, 40, VALGA (PONTEVEDRA)

Outra noite máis e non podía durmir, como de costume collín o meu caderno azul contra o insomnio, ese mesmo que levaba a cada adestramento. Agora, en vez de marcas e tempos, escribía unha carta para min.

"Querida Noelia do futuro," -comecei, "Sei que agora todo parece máis lento. As sombras pesan e o mundo detense detrás desta fría ventá. Pero ti nunca fuches de renderte."

Cerro o caderno cun suspiro de tranquilidade e os ollos húmidos.

"Cando saia de aquí," -murmurei para os meus adentros. "Prométoche que correremos esa carreira, e desta vez, máis alegre e forte que nunca."
Compartir: