O traveso destino
Mencía, 63, Petín
Mateo saíu da casa tarde, esquecendo o móbil enriba da mesa. Esa distracción insignificante levouno por un camiño distinto, onde atopou a Iria que choraba nun banco. Acercouse e preguntoulle se precisaba axuda. Ela mirouno a través das bágoas e aquelo foi o principio. Amáronse intensamente durante dous anos, ata que un accidente absurdo lle roubou a vida a ela. Mateo quedou só, preguntándose se todo fora unha broma cruel do destino ou unha lección sobre a fraxilidade humana.
Sen dúbida o destino, que coma un neno traveso, xoga cos fíos invisibles da vida, e móveo todo ao seu antollo.
Sen dúbida o destino, que coma un neno traveso, xoga cos fíos invisibles da vida, e móveo todo ao seu antollo.