CAST / GAL

AUGA E AREA
Ángeles, 55, A Estrada (Pontevedra)

As placas tectónicas non precisan do noso permiso para desprazarse. Detrás dos días veñen as noites. O tempo bule. A auga xamais cansa de bicar a area. A vida non se para con ninguén. Que todo o bo permaneza. Que a guerra nunca se declare. Poñeríamos un calzo nas portas que se pechan. Quen puidera deter algún intre. Que ningún fillo morra antes que unha nai. Que alguén nos ame. Sempre. Eterna sexa a primavera.
Tememos trenzar os vimbios do cambio.
Ao espertar o dinosauro seguía alí. As palabras enormes e prehistóricas loitando contra o esquecemento. Non temos mellor defensa!
Compartir: