ESTACIÓNS DE CINZA
Alba Montes, 59, Vigo
Na eira da Mariñita erguíase unha xenerosa cerdeira. Ofrecía abeiro ao niño de pardais máis festeiro da Quinta.
Nove peteiros sacudían as pólas de vida. Co vento da madurez foron abrindo as ás e comezaron a voar lonxe buscando outros ceos. Só un pardal permaneceu preto. Chamábanlle a tola por cantar verdades incómodas.
Demasiados condicionantes…
Un implacable vendaval de outono sepultou o niño e a nai. Tralo silencio posterior, o vello pardal asumiu que tamén os abeiros máis seguros coñecen estacións de cinza.
Roto por dentro, estirou as ás entumecidas e deixouse levar ao capricho do vento.