CAST / GAL

Xogabades
Tesouro Pérez, 21, Ribeira

Xogabades, xogabades moito, xogabades todo o tempo. Xogabades ás agachadas, cando elexías ti, ao fútbol, cando escollía ela. Xogabades moito. Encantábache xogar, pero encantábache estar con ela mesmo cando non xogabades a nada. Encantábache estar con ela mesmo cando ela non podía ir á piscina e quedaba deitada na herba lendo, e ti, que podías ir, deitabaste ao súa carón. Aquel verán foi diferente porque ela xa non era unha nena pequena, aínda que lle gustaba xogar a selo, e ti, que seguías sendo un neno, xogabas a non o ser.
Compartir: