CAST / GAL

Herdanzas
Niniweis, 56, Ames

A avoa deixoulla á miña nai. A miña nai, a min.

Non viña en nunha caixa, pero pesaba.

Alí estaban o medo a volver soa, as chaves entre os dedos, o sorriso para non molestar, as pernas pechadas, a culpa por dicir non e un espello diante do que nunca eramos suficientes.

Gardenia por anos. Ao nacer Andrea pensei que algún día tamén sería súa.

Hoxe púxena sobre a mesa. Abrímola xuntas.

-Todo isto herdaches ti?

-Si.

-E eu?

Mireina e tirei a herdanza ao lixo.

-Ti non.

Sorriu. Comprendín que os cambios tamén comezan cunha herdanza que ninguén acepta.
Compartir: