Estival
Ana, 36, Pontevedra
Eu ben sabía que medrar aquí, nesta terriña, rodeado de prantas fermosas que cheiraban a verán e fervendo coas cores máis chamativas e os sons estivais das festas, onde as postas de sol facíanme brillar a pel ata que o día remataba e o sentía agocharse no horizonte... Ben sabía eu que só podía rematar nun pratiño lustroso, branco nuclear, ao carón dunha praia chea de barullo, con cheiro a cociñado, co aceite de oliva esvarándome polo corpo e por riba unha pizquiña de sal, na compaña doutros que, coma min, podían picar o non, depende.