O uniforme do destino
XOSÉ CASTRO RATÓN, 69, Vilagarcía de Arousa
Finalista
De nena, a vidente da parroquia sentenciara o seu destino cunha frase: «O home da túa vida levará un uniforme». Maruxa pasou corenta anos rexeitando panadeiros e carpinteiros, buscando un garda civil, militar ou carteiro que nunca chegou.
Xa con canas, resignada a quedar para vestir santos, mercou unha neveira. O repartidor que lla subiu á casa, un home de sorriso fácil, vestía un mono de traballo azul co logo da tenda. Cando el marchou, Maruxa riu para si. «Uniforme...», pensou. «Ben mirado, é moito máis útil ca un militar. Este, polo menos, sei que me arranxa o conxelador».