CAST / GAL

Primeira toma
MALA Fernández, 66, Ames

Mirou ansiosa o reloxo da Intermodal: tres horas de Alvia para Madrid, cinco minutos para saír. Estaba tola, sen dúbida —díxose.
Acomodouse e decidiu non pensar no ridículo nin no que dirán. Concentrouse en repasar preguntas.
Sentada nun taburete, viuno entrar. Feito, canoso, ben vestido. Non lle desagradou.
—Ola, son Mariña —tendeulle a man.
—Roque —respondeu el, sorrindo.
Unha asistente achegouse:
—Listos? En tres, dous...
Sentáronse xuntos. Miraron ás cámaras.
—Mariña, viaxarías a Vigo por Roque?
—Si, por que non? O destino xoga a favor... —chiscoulle un ollo.
Soou un clack, clack no fondo.
Primeira toma de "First Dates". BOA!
Compartir: