CAST / GAL

Noite en Copacabana
Chiclana, 37, Sarria

Paseniño, acheguémonos ao noso protagonista nesta noite tropical. Baixo o bisbar dos castiñeiros, arrolados pola clemente brisa, atópase a praza da vila engalanada con máis bandeirolas que no Mundial. Frenéticos abanos, auga en canabarros, fresca cervexa e boa conversa. O noso pequeno protagonista non chega ao ano, non pensa en falar. Cunha mirada pilla, gabea polo peito do seu pai, amodorrado na hamaca en pose de batracio. Amodo, amodiño, engata deixando novas pegadas nese corazón. E cando chega ao cumio da barba, coas súas doces manciñas pega un tirón sorrindo, facendo croar ao pai e estoupar en gargalladas á praza.
Compartir: