CAST / GAL

Un mundo minguante
Manuel G. S., 71, A Coruña

Non vía un partido dende había unha chea de anos, pero esta vez era diferente. Sentado no sofá do salón, dispúxose a presenciar o decisivo encontro que xogaba a selección do seu país, unha das favoritas. Cos equipos en formación no centro do campo, o locutor anunciou que se ía gardar un minuto de silencio. A seguir, o realizador ofreceu primeiros planos dos rostros serios dos futbolistas, árbitros e adestradores. E, cando apenas transcorreran quince segundos, oíuse o asubío que anunciaba o final da homenaxe. “Pois si que cambiou o fútbol”, pensou.
Compartir: