O billete
Brais González, 20, Pontevedra
Colleu o tren sen saber cara onde ía. Só levaba un billete atopado no chan, cun nome que non era o seu. A cada parada, sentía que alguén invisible o guiaba, coma se todo estivese xa escrito. Mais foi na última estación, cando baixou e viu a libraría co cartel “Historias por vivir”, que entendeu. O billete era del dende sempre, só que non o sabía. Entrou, colleu unha pluma, e comezou a escribir. Porque ás veces, o destino non está nos mapas, senón nas palabras que te atreven a cambiar o camiño.