CAST / GAL

O Premio
Xenreira, 56, O Milladoiro

2, 5, 4, 1 e... 6. Non o podía crer, acababa de gañar a Lotaría do Destino! O premio consistía en aquilo que sempre soñaras, fose o que fose. O día da entrega subín ao escenario entre os berros do público. O presentador preguntoume cal ía ser o meu desexo. Eu respirei fondo e pronunciei só unha palabra: ASASINATO. De súpeto, a sala quedou en silencio. E, inmediatamente, a xente comezou a fuxir en desbandada. Aquela noite houbo un millar de mortos e trescentos feridos. Eu, aínda, non gastara o meu premio...
Compartir: