CAST / GAL

O dilema do auriga
O Barto de Valdeorras, 30, Moraña

Finalista

Comezo unha nova volta amarrando fortemente as rendas que dirixen os dous cabalos. Dende o veloz carro observo o fervoroso público que enche as bancadas. Respóndolles cun triste sorriso afrontando a primeira curva.

O imperturbable cabalo branco, coa vista fixa no seguinte vértice, galopa cun inmenso brío. O cabalo negro mantén o ritmo iniciando a recta e aproveita para fitarme de esguello. Na penetrante mirada descubro os meus segredos. Consegue desconcentrarme e fai perigar o inminente xiro.

Trazando a curva final decido queimar o carro, ceibar o cabalo branco e montar no negro: o seu ollar prometeume saírmos deste circo.
Compartir: