Fío vital
Isidro Paredes Rivera, 24, A Coruña
A viaxe foi unha Odisea, mais o importante sempre é o destino. A habitación das moiras estaba chea de cordeis, cada un era a vida dunha persoa. Tras localizar o meu, ateino e movino, ao fin gañaría un concurso de microrrelatos, estaba escrito nos fíos do meu destino.