Consello de sabios
Meiga Saberhaguen, 54, Vigo
—Estou atrapada!, berrou mentres acendeu a vela que iluminaba o Santuario.
Os oito muros de derrotas orgullosas, a bóveda das palabras caladas e o chan de baldosas de rabia indómita esvaraban cara a ela e sentiu que se asfixiaba.
Invocou aos sabios e discutiron sobre pontes que non unen, do cheiro da mentira, das sombras feridas, dos náufragos eternos.
—Que hai que facer agora que xa está todo dito?, interrompeunos e os sabios calaron.