Estramonio
Ícaro, 55, Santiago de Compostela
Aínda a sabendas do engano que supón volver a ollada ao pasado para fiar un relato a medida da realidade presente, réndome unha vez máis á tentación de pensar que todo canto me ocorreu na vida xa estaba escrito e que, por iso, tamén está trazado o que está por acontecer neste preciso intre do tempo, mesmo aquí: a bufarda encadra o avance lixeiro das nubes cara ao horizonte e o aire morno trae un recendo de formigón fendido e figueiras do demo.