CAST / GAL

O destino de Aurora (un conto vexetariano)
Kiko Karballo, 54, Vilagarcía de Arousa

—Aurora, ven, temos que falar.
—Madre…!
—Xa oíches falar da maldición? Cando naciches, invitamos a tódalas fadas do reino. Desgraciadamente, esquecimos unha. Vaia… dixéronnos que era unha feiticeira escura, que non encaixaría cos tons pastel do castelo. Maléfica predixo que morrerías noviña pola picadura dunha agulla. Dende aquela, tódolos xastres e fiandeiras foron expulsados e os nosos traxes veñen directamente de París.
—Ai, Madre, vaia babecada! Non penso coller unha agulla na miña vida. Eu devezo por cazar dragóns. Non matalos, amansalos. Vou ser a primeira adestradora de dragóns da contorna.
Acadouno…, e viviron contentos e comeron pementos! De Padrón.
Compartir: