CAST / GAL

Non cambies nunca
Adriana Seara, 38, Ourense

Dixéronme non cambies nunca,
non entendín moi ben por que,
máis fiquei quedo, inmóbil,
ollando ao ceo e o seu mover

Vin estrelas fugaces, luscofuscos, a lúa,
o sol bailando e mudando unha e outra vez,
mais eu seguín obediente e calmo, día a día, sen me mover

Mais cando me din de conta, eu xa cambiara sen querer, mudara só de mirar,
porque observar faite ser outro, incluso sen te mover.

Non cambies nunca ou cambia sempre ou fai o que teñas que facer,
máis faino sen medo, xa que nada é absoluto e ata os cambios pódense mover
Compartir: