Onde se rompe o destino
Jordan, 34, Lugo
Finalista
Dixéronnos que o noso destino estaba escrito.
En libros alleos. En mapas que nos esquecían.
Chamáronnos terra de sombras, de ausencias, de adeus.
Pero esquecéronse dunha cousa:
en Galicia, ata o vento leva memoria.
E a chuvia escribe nos ósos o que non se pode borrar.
Non herdamos derrotas. Herdamos o lume dos castros, o canto do mar, a forza de quen cavou futuro na pedra...
E a verdade que ninguén quere escoitar é esta:
o destino pódese romper.
Nós rompémolo.
E dende a ferida naceu luz.
E dende o silencio, unha voz que non cala.
Nos escribimos o final.