CAST / GAL

Unha burla ao destino
Mónica, 50, Vigo

O vello deitárase máis cedo que de costume, pero non durmía.
Ela escolleu ese intre para levalo.
El mirouna... escura, toda ósos, entre un escintileo de prata.
Teño medo - pensa... mais de súpeto berra:
"Vivamos como galegos!"
Ela escacha a rir cos seus ósiños como axóuxeres.
"Tes outra oportunidade"
... e marcha.
Compartir: