Adeus vista dos meus ollos
Mari Sinha, 44, Compostela
Despedinme do mar Caribe nunha foto que aínda gardo. As amigas fixéronme unha festa, as profesoras abrazáronme, os avós choraron. No avión, só pensaba nos brazos da miña nai que agardaba do outro lado. Cando a vin, sorrín.
Hoxe a porta vermella do instituto comeume. Ninguén me ve. Nada se parece á miña escola. O frío non é o mesmo, e as caras son xente descoñecida. Mais, mentres miro pola xanela, vexo o mar e penso que, igual que aprendín a nadar en mares distintos, talvez tamén aprenda a respirar neste novo aire.