CAST / GAL

Un cambio de vida
Cloe, 14, Vigo

Son Asha e nacín en Machinda, Guinea Ecuatorial. Tiven que escapar da guerra para buscar unha vida mellor en Galicia. Tiña moitísimo medo de deixar a miña terra e o que coñecía, emprendín unha viaxe nunha barca de madeira que durou moitísimo tempo. Cando cheguei ao porto de Vigo, sentínme aliviada. Despois, atopei traballo de camareira nun bar. Galicia pareceume fermosa: co mar e festas, como o Entroido e San Xoán. Co tempo, percorrín Galicia enteira e probei polbo, empanada e tarta de Santiago. Alí namoreime e tiven unha filla, Andrea. Cambiar dá medo, pero tamén pode levarche á felicidade.
Compartir: