CAST / GAL

As estacións do ano
Ismael, 29, Coles

Aos meus 15, todos os problemas parecían a fin do mundo; quedar sen móbil, non poder saír unha noite, ter que estudar… Sempre recordarei as palabras da miña avoa:
- A vida cambia como as estacións do ano. Por moi duro que sexa o inverno, amencerá un día sendo primavera.
Así o fago, avoa. Grazas.
Compartir: