CAST / GAL

A man
Iago Cardalda Mora, 24, A Coruña

De pequeno, buscaba a man da miña nai para cruzar a rúa.

Ela apertábaa forte.

Despois medrei. Deixei de necesitar a súa man e empecei a necesitar os seus consellos.

Pasaron os anos.

Unha tarde, ao saírmos do médico, foi ela quen buscou a miña.

Agarreina.

Era pequena, lixeira, diferente.

Mentres cruzabamos a rúa, lembrei aquelas primeiras veces nas que era eu quen camiñaba ao seu carón.

Non souben cando cambiamos de lugar.

Só souben que, por primeira vez, fun eu quen lle apertou a man para cruzar.
Compartir: