CAST / GAL

Percorrido
Ana García, 31, Palmeira (Ribeira)

Botou unha última ollada a ese lugar que albergou durante os últimos anos alegrías, enfermidades, visitas, boas noticias, días tristes e a simple cotiandade da vida.

Colleu aire e expirouno lentamente, antes de poñer a man sobre o picaporte.

Tirou da porta despacio, despedíndose con cariño desa etapa que finalizaba, coma un acto cerimonial silencioso para marcar o inicio dun novo percorrido da vida.
Compartir: