Pasar páxina
Jacobo Vieites, 31, Arzúa
Cambiei de perruqueiro e agora teño máis calvas ca pelo. Cambiei de coche e entrou no taller antes de entrar no meu garaxe. Cambiei de traballo e descubrín que media xornada son doce horas. Cambiei de psicólogo e recomendoume deixar de queixarme. Cambiei de parella e acabou namorada do meu mellor amigo.
Supoño que a vida é cambio, aínda que ás veces non o poña nada fácil.
Menos mal que este microrrelato está chegando ao final e, agora, toca cambiar de páxina. Quen sabe. Igual na seguinte, por unha vez, son eu quen cambia de sorte.