CAST / GAL

Fogos artificiais
Bares Canallas, 45, A Coruña

- Papá, de onde vén toda esta area?

“Son os nosos soños desfeitos polo destino” pensou pero pola boca saíu unha explicación máis académica.

Non podía deixar de recordar aquela noite de mozo nas festas da vila, vendo os fogos artificiais na ponte do tren. Alí estaba ela, morena, feitiña, bicáronse como nunha película baixo o estrondo e o brillar da pólvora. Despediuse cun “vémonos nos bares”.

Nunca se encontraron e a vida foi por outro camiño.

O pequeno colleulle a man:

- Quérote, papá.

E o mar e a terra enchéronse de luz cósmica.
Compartir: