CAST / GAL

O derradeiro cambio
A nena Sofía, 40, Vigo

Mamá non sabía que papá estaba na casa cando entrou con aquel home.
Eu, arrepiada, agarrei o meu irmán e pechei os ollos. Agardaba os berros, os estrondos das portas a bater… mais papá, coa mandíbula apertada, non pronunciou palabra.
O home axudou na cociña, fixo rir a mamá e despediuse de nós.
—Paréceme que este si nos vai coidar —murmurou meu irmán.
Mirei para papá e notei nel un cambio, coma quen se rende na súa derradeira loita.
Aquela noite, por primeira vez, non o sentín durmir na casa.
Ao día seguinte, ao fin, puiden despedirme del no camposanto.
Compartir: