Chegada
Haiku de Churrasco, 45, Vigo
Esperto nun silandeiro branco nuboso, cun incontrolable levitar.
Será que morrín?
Atraveso unha galería, percibindo outros visitantes.
Distingo a Mozart escoitando reguetón cuns auriculares, Luther King sofre nun bar da triple K; mentres Agustina de Aragón volve ó fogar, onde todos falan francés.
Gandhi, contrariado, confínase nun local de tiro cunha inmensa bandeira da Union Jack; noutra beira, unha cosmonauta, Valentina Tereshkova, flota na escuridade, xesticulando dramáticamente pola ausencia de osíxeno nos seus pulmóns.
Tamén vexo un vello xudeu desleixado, cano e bigotudo, chamado Albert; aterrado, observa unhas distantes explosións termonucleares.
Benvidos ó inferno. E ti, a que temes?