Xosé María
Caracusta, 44, REDONDELA
Houbo un día no pasado non moi lonxano onde polo retrovisor do recordo podía verme coa longa e roiba melena, cos vestidos que mercaba ilusionada mamá e xogaba cas bonecas que chegaban en cada Nadal.
O espello que contiña esa imaxe de min non era a real e non houbo día que a quixera esnaquizar.
Hoxe, coma unha bolboreta, saín desa prisión de quen non era, pasando liberado a miña man pola cabeza rapada, visto os pantalóns que sempre desexei e xogo a construir o meu propio el.
Xa non son María Xosé, son Xosé María.