O primeiro paso
Alaska, 30, O Milladoiro
Alí subida como estaba no carballo central da eira da tía Chelo, sentada coas pernas penduradas, dubidou uns segundo que facer.
Escoitaba a Chito, o can de palleiro, ladrarlle dende abaixo, no seu invento van de subir á árbore. Tamén as voces, desde a ventá da cociña, do seu irmán máis novo a discutir coa súa nai por non querer comer o bacallau que, con tanto agarimo, cociñara a tía.
Máis alá, polo ar, chegaban os borboriños dos paxaros nas pólas máis elevadas. Ata alí quería chegar ela. Colleu aire fondamente e deu o primeiro de moitos pasos cara arriba.