CAST / GAL

O destino nun aparcadoiro de terra
Olalla, 22, Tomiño

Meteu a marcha atrás, mirou polos retrovisores que non viñese ningún coche e comezou a manobrar para sacar o seu da praza que ocupaba naquel aparcadoiro de terra cheo de fochancas. O volante ardíalle nas mans despois de varias horas ao sol e non paraba de darlle voltas ao que lera naqueles papeis. Só quería volver a casa o antes posible e intentar ordenar as ideas na súa cabeza. Aquilo era de tolos. O impacto da defensa traseira contra unha furgoneta de reparto sacouna dos seus pensamentos. O destino non estaba da súa parte.
Compartir: