CAST / GAL

A TENDA DOS CAMBIOS
Mónica, 15, Neda

Nunha rúa, agochada había unha tenda onde podías cambiar calquera cousa: a cor dos ollos, a voz, o sorriso...
Todo era gratis. O dependente só pedía unha sinatura. A xente saía contenta, non feliz, a pesar da súa perfecta imaxe.
Cando chegou a súa quenda, Ana descubríu un pequeno cartel detrás do mostrador que dicía: " Cada cambio custa un recordo feliz".
Mirou ao seu redor. Ninguén parecía triste, pero tampouco lembraban porque sorrían antes de entrar. Comprendeu entón que, ás veces, perseguimos cambios imposibles sen valorar aquilo que realmente facíanos felices. Ana entendeu que a felicidade está no interior.
Compartir: