CAST / GAL

Liberdade
Carla, 29, O Porriño

Destino. Que palabra tan fascinante!
Será acaso algo ao que estamos predestinados?
Somos nós mesmos os que forxamos o noso destino?
Acaso o destino non son decisións que tomamos de forma inconsciente?
Acaso o destino non implica futuro?
Gústame pensar que o destino son todas e cada unha das decisións que tomamos ao longo das nosas vida.
Algunhas mellores, algunhas peores, pero sempre túas. E, acaso non hai nada mellor que iso?
Compartir: