Esquezo, por desgraza
Sosi, 18, Cuntis, Pontevedra
Lembro.
Lembro aqueles días nos que a familia se reunía para xantar, cadaquén no seu lugar asignado por forza do tempo.
Tamén lembro as tardes de lecer e momentos compartidos cos meus irmáns.
Lémbroos mentres escribo este microrrelato, pois repetilos xa non podo. Deste xeito, entre o estrondo das bombas e dos muros dos fogares destruídos nos que cada familia medraba, teño medo a ESQUECER.
Perder aquelas risas, voces e presenza de quen me guiou a ser a que son.
Mentres non me mate a guerra, pouco a pouco, paso a paso, o fará a ausencia...