CAST / GAL

Mapa de pel
Carmen da Fonte, 23, Queiruga

As marcas que temos na pel sinalan os lugares nos que fomos beixados por un amor. Noutras vidas.
Ilóxico. Absurdo.
Entón,
por que teño a sensación
mentres ollas para min ao outro lado da mesa
e falamos de trivialidades
como o tempo
o traballo
as noticias
de que os lunares da miña cara non che son descoñecidos
de que poderías atopar
esa constelación de pencas
da que ninguén sabe.
Por que,
se o teu nome non me di nada,
se non sei o teu apelido,
sinto que a marca de sol do meu pescozo
ten unha conversa pendente contigo.
Compartir: