CAST / GAL

O lugar das cousas
Iago, 45, Gondomar (Ponttevedra)

Baixei á cociña con fame e collín unha mazá. Abrín un caixón na procura dun coitelo. Só había panos. Abrín outro. E outro máis. Por fin apareceu. Ana debería deixar de cambiar as cousas de sitio.
Sentín abrir a porta da casa. Asomeime ao corredor. Na entrada había un home alto e forte. Tremendo, erguín a man, aínda co coitelo.
- Quen es? Fóra da miña casa!
O home quedou inmóbil. A súa mirada baixou ata o coitelo. Unhas bágoas esvararon polas súas meixelas.
- Síntoo, pero non podo seguir coidándote eu só, papá.
Compartir: