CAST / GAL

Manoliño Plasplás
Diego, 28, Noia

A primeira vez que Manoliño Plasplás apareceu no cemiterio dando palmas, a señora Carme (acabada de enviuvar) por pouco déixao no sitio.
Penso que todos na vila témoslle un cariño especial a Manolo e que, quen máis quen menos, compartiu con el algún recordo importante nestes anos.
Alguén que ten por costume aplaudir nos enterros semella unha persoa insoportable, mais dalgún xeito sinto que nos facía máis levadíos os momentos difíciles.
Hoxe estamos aquí para despedir a Manolo. Gustaríame que vos unades a min neste último aplauso, para que o poida escoitar alá onde estea. Bo camiño, Plasplás.
Compartir: