CAST / GAL

A maior das ledicias
Tula, 31, Ribeira

A miña mañá comeza poñendo o leite a ferver nun cazo ao lume. Tras botar unha ollada pola fiestra ao Río Miño e comprobar que discorre apracible polas ribeiras, vou espertar a esa “criaturiña” que xa vai facer tres anos. Tras vestila e tomar unha boa cunca de leite das nosas vacas, ao igual que fixera coa súa nai hai uns cantos anos, apértolle da man e comezamos o camiño. Allea a que hoxe será o seu primeiro día na escola, agasállame cun sorriso. Está chea de razón: o destino sempre se debe afrontar sentindo a maior das ledicias.
Compartir: