Que é o destino?
Veraa, 15, Salceda de Caselas
Para uns, significa un camiño que vas labrando e cambia de dirección segundo os teus actos; para outros, é un final escrito dende o teu nacemento; pero, para min, o destino non é máis que unha simple palabra que podes atopar en calquera dicionario, unha flor nun xardín repleto de rosas. O bonito desa palabra é que non todas as flores son iguais, nin todos os camiños levan ao mesmo sitio. Por iso, a palabra destino non se pode definir, porque cada flor terá a súa propia resposta.