CAST / GAL

Agora o bar está cheo
Bieitom, 38, Ponteareas

Sempre se me fixo difícil pensar nos últimos días. Haberá -ou quizais houbo xa- un derradeiro abrazo da túa nai. Unha última risa compartida co teu amigo, perdida no tempo. Cortarás o pelo, comerás unha froita, pasearemos baixo a chuvia, e nada anunciará o final. Verás un amencer abraiante, e as súas cores fundiranse sen despedida. Foi así, amigo Juan, como ese «próximo partido do Celta» nunca chegou. Agora, o bar está cheo de xente que non es ti, e eu xa non grito os goles cos teus ollos ao meu carón.
Compartir: