Apocalitos
Maria Alicia, 56, Cambre
Tempo ha.
Amoras, aveláns, fiunchos, alandras.
Os cipreses, as silvas nas corredoiras, entre o millo, tempo ha, que non existe a luz entre as copas deses xigantes verdes que encheron de soños os recunchos da infancia.
O cambio innecesario por mor do diñeiro trocou unha paisaxe verde, coñecida, agarimosa, por un inimigo que non respecta nada, devora.
Eucaliptos, a miña terra de Cipreses, de castaños, de vidueiros, de moras nas silveiras, os meus camiños, como doi a Avaricia dos Ignorantes.