CAST / GAL

A viaxe
Vilán, 42, A Coruña

Febreiro de 2015, sen sabelo, por cuestión da idade, comeza o seu camiño. Son tres anos de primeiras experiencias e moita aprendizaxe, cheos de choros e gargalladas. Pasado este tempo, xa con algo de autonomía, chega o primeiro troco: edificios máis grandes, máis persoas coas que compartir e coas que seguir aprendendo e algún adulto que deixará pegada para sempre. Despois de nove anos, dado que o tempo non se detén con ninguén, en pouco máis de mes e medio dará comezo unha nova etapa para ela: máis independencia, máis esixencia, maior responsabilidade, novas experiencias… Adiante Noa!
Compartir: