CAST / GAL

Fóra de campo
Sonia Rodríguez Hermo, 29, Boiro

Miña nai non lembra de que cor era o sofá.

Eu si.

Está detrás de meu irmán nunha foto desenfocada do 98. Tamén están o vaso de Nocilla, a boneca de porcelana e a bata de miña avoa pendurada nunha cadeira.

Ninguén fotografiara nada diso.

Por iso sobreviviu.

Agora endereitamos as fotos, recortamos o fondo, repetímolas ata que ninguén pecha os ollos.

Temos miles.

Pero ás veces miro o móbil e penso:

dentro de trinta anos, onde estará todo o que non sabiamos que estabamos fotografando?
Compartir: