CAST / GAL

O fío vermello
aloia, 16, Santiago de Compostela

Todos os días saía a dar unha volta polo centro da cidade e, ás veces, paraba na miña cafetería favorita a tomar algo. O parque de enfrente da miña casa está rodeado de flores e árbores. Hai un banco onde me gusta sentar a ler, xunto ao estanque. Pensaba que eses sitios eran especiais só para min, pero non era así. Ti tamén dabas longos paseos admirando a cidade. Parabas na mellor cafetería que por alí había. Sentabas no banco a desfrutar da natureza.
Foi como por arte de maxia. Un fío vermello, invisible, que nos uniu para sempre.
Compartir: