Dous vellos na taberna
Miguel García-Fernández, 36, Santiago de Compostela
De fondo, o rebumbio da taberna. Os homes xogando ao tute. O viño de cunca en cunca. O televisor tronando.
E, mentres tanto, un vello toma un café nun recuncho apartado. Non interacciona con ninguén. Cos seus libros e silencios, sempre se sentiu un 'rara avis'. Pousa o cocote contra a parede e mira de esguello cara a outro vello.
Esoutro é dos que xoga ao tute, dos que salta cando case é gol e ninguén marca, dos que incentiva o rebumbio con palabras malsoantes. Parece ao seu, mais tamén mira de esguello.
Parecen dous, mais non sempre será así.