CAST / GAL

A fenda do cambio
Chorima Espiñuda, 47, San Sadurniño - A Coruña

Durante unha eternidade, aquela rocha permaneceu inmóbil baixo a chuvia furiosa. Cría que o seu destino era ser eterna, incólume, allea ao paso do tempo.

Mais unha treboada abriu nela unha pequena fenda.

A pedra sentiu medo: pensou que comezaba a súa fin.

Porén, daquela ferida naceu un brote que buscaba a luz. Co paso dos anos, converteuse nun carballo forte, de raíces profundas.

Entón comprendeu que cambiar non era desaparecer, era adaptarse.

E nese intre en que a rocha se converteu en po, o carballo sentiu nas súas raíces un latexo antigo, poderoso...
Compartir: