CAST / GAL

Sen palabras
Cookies_mmas, 39, Vigo

O meu destino non é diferente do teu, porque ti tamén vas morrer.
A única diferenza é que a min, tan só me quedan uns minutos, quizais menos, pero quero dedicarlle o meu último pensamento a ela, porque nunca deberiamos deixala ir:
agarimo, saudade, ledicia, feitiño, meigas, xoaniña, acouga, afouteza, rosmar, panxoliña, luscofusco, arroio, sentidiño, morriña, anxo, bico, rabudo, aperta, xeito, parrulo, pobo, lúa, paixón, mágoa, benvido, camiño, fento, marusía, toxo, ceibe, amorodo, orballo, bolboreta, arroutada, brétema, namorar, avoa, enxebre, néboa, aloumiño, rula, golfiño, luar, riquiña, entroido, pailán, remate, galego, lingua.
Síntoo, ela aínda non, pero eu quedeime sen palabras.
Compartir: