Guerreiro Cazador
Carlos, 59, OURENSE
Finalista
Espértome, pícame nun pé e nas costelas. Preto da orella, o demo do mosquito anda de festa. Acendo a luz. Isto é persoal. Exixo vinganza.
Collo unha camistea, a miña arma.
Percorro as paredes como un cazador aguerrido.
Pasa diante do meu rostro: provocador.
A ira medra. Póusase na cortina, inaccesíbel.
Agardo.
Atopo movemento no cu de Daniela.
O maldito pousouse xusto aí.
Actúo sen pensar: zas!
Impacto fulminante.
Silencio.
Upppsss...
Daniela abre os ollos, desorientada.
- Que fas?
- Nada…. Mosquito morto.
- A próxima vez, avisa.
- A vinganza non espera. Pero a vitoria é miña.
A durmir.
Collo unha camistea, a miña arma.
Percorro as paredes como un cazador aguerrido.
Pasa diante do meu rostro: provocador.
A ira medra. Póusase na cortina, inaccesíbel.
Agardo.
Atopo movemento no cu de Daniela.
O maldito pousouse xusto aí.
Actúo sen pensar: zas!
Impacto fulminante.
Silencio.
Upppsss...
Daniela abre os ollos, desorientada.
- Que fas?
- Nada…. Mosquito morto.
- A próxima vez, avisa.
- A vinganza non espera. Pero a vitoria é miña.
A durmir.